Hoxe mesmo participamos no acto de conmemoración do Día Internacional da Muller na Delegación do Goberno en Galicia coa lectura do texto:
Non chegarei a
Non chegarei a levarte da man,
nin ti te agarrarás á miña.
Non che abrirei a persiana
a mediodía os domingos.
Non me arrincará da cama
ningún alarido co teu rostro.
Non chegarás a murcharme a pel,
nunca deterás a miña viaxe.
Non che comprarei un pardal.
Nin serán teus os muros
que me custaron tanto.
Nunca saberei quen es.
Que significaria amarte.
Non serei máis ca eu
para sempre.
Non chegarei a saber
se era asi como dician.
Non adiviñarei que
nin como nin canto nunca.
Non me sorberás o tempo.
Ninguén me buscará en ti.
Non te verei facer
o que amas tan profundo.
Non coñecerei os teus fillos
bañados polo sol
un mes de agosto.
Non sosterás o meu pescozo.
Non me apagarás a luz.
Materia
Yolanda Castaño

Comentarios recentes