O próximo xoves 18 de decembro a Federación de Asociacións Veciñais organiza a Xornada “Reciclaxe e quinto contedor” na sede da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.

O acto comezará ás 19:00 h. Trala apertura da presidenta, Luisa Varela seguirán as ponencias de Rodrigo López, consultor de sostibilidade e cofundador de PERMAE que se ocupará de describir e explicar o marco da reciclaxe a nivel europeo, estatal e en Galicia. A seguinte ponencia será a cargo de Yoya Neira, concelleira de Medio Ambiente do Concello da Coruña @coruna_gal para explicar o novo modelo de xestion de residuos. Haberá un tempo para o debate e trala clausura o acto contará con brindis de Nadal para todos os asistentes como colofón as actividades do ano 2025.