A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana participou hoxe na xornada que abre o ano de Coruña como Capital Española do Ocio Nocturno.
Neste acto inicial, organizado por Diageo, a Federación Nacional de Empresarios do Ocio Nocturno e Espectáculos e Galicia de Noite, coa colaboración da Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, tratouse a cuestión dos hábitos sociais e culturais de ocio e consumo, así como os retos e tendencias a longo prazo desde diferentes perspectivas.
Comentarios recentes