Hoxe a presidenta Luisa Varela @varelainsua estivo representando á Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana @favacoruna na apertura do parque do Observatorio, no Agra do Orzán. Un parque moi demandado pola veciñanza e que se crea tras décadas dunha sostida reclamación veciñal.
O parque, de algo máis de 2.000 metros cadrados, supón un moi necesario espazo verde para un barrio con moita densidade de poboación. Tal e como trasladou o Concello están xa proxectadas varias melloras e unha posterior ampliación polo que esta apertura é un primeiro paso que permite abrilo xa a cidadanía.

Comentarios recentes