O 17 de novembro, ás 18:40 h., a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana organiza a terceira charla do programa de Escola Veciñal 2025.
Esta última xornada de novembro contará coa participación de Yésica Rial Mañana, oficial de policía, que trasladará a cuestión da seguridade na rede e a ciberdelincuencia na charla «Ciberseguridade: como proteger a túa vida dixital».
Organiza a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana @favacoruna, patrocina a Xunta de Galicia @conspresidenciaxunta e colabora o Concello da Coruña @coruna_gal e a Policía Nacional @policianacional

Comentarios recientes