3 de novembro, ás 18:30 h., a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana organiza a segunda das charlas do programa de Escola Veciñal 2025.

Esta segunda xornada contará con Andrés Silva Vázquez , biólogo, mestre composteiro e experto en residuos que se ocupará de tratar sobre a reciclaxe a través do proxecto de divulgación ambiental “O camiño sostible”

Organiza a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana @favacoruna, patrocina a Xunta de Galicia @conspresidenciaxunta e colabora o Concello da Coruña @coruna_gal e a consultora @permae_