
| Desde a Concellería de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña poñéronse en contacto connosco para informarnos do Programa de Monitorización Enerxética de Edificios Residenciais. Dentro da Estratexia Integrada de Desenvolvemento Urbano Sostible (EIDUS) do Concello da Coruña, financiada a través do Plan FEDER da Unión Europea, iníciase un estudo da caracterización enerxética do parque de edificios residenciais e vivendas na cidade. Este programa busca impulsar un cambio de modelo enerxético reducindo a demanda do parque residencial e fomentando os procesos de rehabilitación que permitan mellorar a calidade de vida e o confort das persoas residentes |
| Confirma asistencia |
| Os posibles beneficiarios deste programa son as Comunidades de Propietarios de edificios residenciais, así como as persoas propietarias e/ou inquilinas das vivendas que compoñen eses inmobles, para o que deberán solicitar a súa participación Realizaranse 10 encontros informativos abertos á cidadanía para presentar o proxecto nas seguintes datas e Centros Cívicos, nos que se explicarán os seus obxectivos e o xeito en que a cidadanía poderá participar neles Martes 22 de febreiro, 17h00 – CC Monte Alto Xoves 24 de febreiro, 17h00 – CC Os Mallos Xoves 3 de marzo, 11h00 – CC Artesanos Martes 8 de marzo, 11h00 – CC Elviña Martes 8 de marzo, 17h00 – CC Los Rosales Mércores 9 de marzo, 17h00 – CC Santa Margarita Xoves 10 de marzo, 17h00 – CC Eirís Martes 15 de marzo,19h00 – CC Mesoiro Mércores 16 de marzo, 19h00 – Centro Ágora Xoves 17 de marzo, 19h00 – Fórum Metropolitano |
![]() |
| Para poder participar nestes encontros podedes inscribirvos neste enlace |
| Confirma asistencia |
| Neste outro enlace podedes acceder á páxina web do programa, e pulsando aquí atoparedes un documento no que se amplía a información sobre as características deste programa e como participar Para calquera consulta podedes contactar a través do correo electrónico aforraenerxia@coruna.gal e no número de teléfono 604 047 337 (de luns a venres, de 9 a 18h) * Proxecto cofinanciado nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Eixo 12 de Desenvolvemento Urbano do Programa Operativo Plurirrexional de España |

Comentarios recientes