As entradas sairán hoxe á venda para os ciclos ‘Docs do mes’, ‘Estreas en VO’ e ‘Universo Lánthimos’
O Fórum Metropolitano inicia este xoves as proxeccións deste 2025 coa primeira sesión dos ciclos ‘Docs do mes’ e ‘Estreas en VO’. Ademais, este espazo municipal tamén acollerá unha retrospectiva dun dos cinestas do momento, o grego Giórgos Lánthimos.
As entradas para asistir a calquera das sesións poranse á venda este mércores a través de Ataquilla, no despacho de billetes da praza de Ourense no seu horario habitual e desde media hora antes do comezo da sesión no propio Fórum Metropolitano. O prezo das entradas é de 3 euros o billete normal e 2 euros o bonificado para persoas con Carné Xove, maiores de 65 anos e desempregados. Ademais, as sesións dos sábados ás 17.30 horas teñen un prezo
único de 1,5 euros.
As sesións celebraranse, a partir desta semana, os xoves, venres e sábados en horario de 20.00 horas, os dous primeiros días, e ás 17.30 e 20.00 horas o terceiro.
Programación completa
Sala Marilyn Monroe – Docs del mes
● 16 xaneiro: ‘Casa Reynal’, de Laia Manresa Casals.
Sala Marilyn Monroe – Universo Lanthimos
● 17-18 xaneiro: Kynodontas (Canino).
● 23-24-25 xaneiro: Alpeis (Alps).
● 30-31 xaneiro e 1 de febreiro: Kinetta.
Sala Fernando Rey – Estreas en VO
● 16-17-18 xaneiro: Godland, de Hlynur Pálmasson.
● 23-24-25 xaneiro: The Unlikely Pilgrimage of Harold Fry (A viaxe de Harold), de Hettie Macdonald.
● 30-31 xaneiro e 1 de febreiro: Please Stand By (Longa vida e prosperidade), de Ben Lewin.
Comentarios recientes