O Concello da Coruña está a realizar un estudo para o novo servizo de transporte urbano da Coruña.

Co obxectivo de ter o mellor retrato da cidade, ábrese un proceso participativo para recompilar información sobre a mellorar e satisfacer co futuro servizo.

Para iso organizan diversos Encontros de Barrio, que terán lugar en 11 centros socioculturais da cidade entre marzo e xuño. Estes encontros son unha oportunidade para compartir ideas, necesidades e propostas sobre o servizo de autobús urbano, dentro dun proceso de participación cidadá ligado ao estudo técnico que se está a realizar.

Calendario dos encontros: (Podes asistir ao que mellor che conveña, independentemente do barrio de residencia)

Centro Cívico Mesoiro→ Martes, 25 de marzo. 18:30 – 20:00

Centro Cívico Os Mallos → Martes, 8 de abril. 18:30 – 20:00

Centro Cívico San Diego → Xoves, 10 de abril. 18:30 – 20:00

Centro Cívico Monte Alto → Xoves, 24 de abril. 18:30 – 20:00

Centro Cívico Monelos → Martes, 6 de maio. 18:30 – 20:00

Centro Cívico O Birloque → Martes, 20 de maio. 18:30 – 20:00

Centro Cívico Los Rosales → Xoves, 29 de maio. 18:30 – 20:00

Fórum Metropolitano → Xoves, 5 de xuño. 18:30 – 20:00

Centro Cívico Eirís → Martes, 10 de xuño. 18:30 – 20:00

Centro Cívico Elviña → Xoves, 12 de xuño. 18:30 – 20:00

Circo de Artesáns → Sábado, 14 de xuño. 11:30 – 13:00 

Inscríbete aquí para asistir e compartir as túas propostas: Inscrición Encontros de Barrio para a mellora do Transporte Urbano da Coruña

A inscrición non é obrigatoria pero axuda a organizar mellor os encontros. Ademais, dentro do formulario incluese unha «Caixa de Propostas» para que poidas deixar as túas ideas sobre o servizo de transporte urbano.

Por favor, comparte esta información con outras persoas que poidan estar interesadas. Para calquera dúbida, podes escribir a participa.bus@coruna.gal.