María Luisa Varela, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, participou onte na mesa do segundo encontro «Coruña Marítima», dedicado á mobilidade e o transporte.

Este é un tema que levamos anos traballando dende esta entidade, xa que vimos participando en múltiples foros sobre o futuro do porto, en talleres de traballo e en todalas reunións ás que fomos convocados nos últimos anos. Consideramos que é unha cuestión vital para o futuro da cidade e para os intereses da veciñanza.

Os talleres retomaranse a próxima semana cos tres encontros que pecharán o ciclo. Todos eles celebraranse en Palexco a partir das 17.00 horas, con entrada libre e abertos á participación de todos os asistentes que desexen achegar opinións e suxestións.

Ademais, segue aberto na web www.corunamaritima.com un ‘buzón’ de suxestións.