Desde o Concello da Coruña, dentro dos Programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) publicado no Boletín Oficial do Estado núm. 239, de 6 de outubro (en adiante RD 853/2021), impúlsase o Programa de Axuda ás Actuacións de Rehabilitación a Nivel de Barrio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextgenerationEU, nos Contornos Residenciais de Rehabilitación Programada (ERRP), delimitados para:
- Cidade Vella e Peixaría
- Grupo de Vivendas María Pita – Labañou
- Grupo de Casas de Franco – Ventorrillo
- Barrio das Flores
Os destinatarios deste programa de axudas son Comunidades de Propietarios/as de edificios residencias, así como vivendas unifamiliares, que soliciten axuda para actuacións de rehabilitación que supoñan unha mellora de eficiencia enerxética iniciadas con posterioridade ao 1 de febreiro do 2022 e que deberán estar finalizadas antes do 30 de xuño de 2026.A participación no programa supón as seguintes vantaxes:
- Financiamento da realización de actuacións de mellora ou rehabilitación de edificios de uso predominante residencial para vivenda. Recollendo as seguintes actuacións:
- Actuacións imprescindibles:
- Illamento da fachada, podendo incluír o cambio de ventás.
- Retirada do amianto, en caso de que o edificio o tivese.
- Actuacións opcionais:
- Illamento da cuberta
- Substitución das instalacións térmicas existentes (calefacción, refrixeración e/ou AQS) por outras que non empreguen enerxía fósil como solar, biomasa, bombas de calor con xeotermia, aerotermia ou hidrotermia.
- Actuacións complementarias:
- Obras de mellora da accesibilidade do edificio, con especial referencia ás que contemplen a instalación dun novo ascensor en edificios onde non exista.
- Obras de conservación do edificio
- Financiación dos gastos de xestión inherente ao desenvolvemento das actuacións e os gastos asociados; os honorarios profesionais intervintes na xestión e desenvolvemento das actuacións; os costes de redacción dos proxectos e dirección de obra; certificados e informes técnicos; os derivados da tramitación administrativa e outros gastos xerais similares.
- Actuacións imprescindibles:
Así mesmo, cabe aclarar que:
- As actuacións serán financiadas nun porcentaxe que oscila segundo o aforro de consumo de enerxía primaria non renovable que se logre coas actuación (dende un 40% ata un 80%), sendo o porcentaxe restante facilitado polas comunidades de propietarios beneficiarias. Non obstante, poderase financiar o 100% do financiamento en función dos ingresos do IPREM das persoas solicitantes.
- A financiación das actuacións estarán supeditadas a alcanzar unha redución, cando menos, do 30% do consumo de enerxía primaria non renovable e do 25% da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración; ademais de retirar do edificio aqueles produtos de construción que conteñan amianto. Así mesmo, na execución das obras deberán prepararse para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación, canto menos, o 70% (en peso) dos residuos de construción e demolición non perigosos.
- PARA o ERRP Barrio das Flores prevese financiar 126 actuacións cunha aportación de 2.198.433,54€
- Para o ERRP Cidade Vella e Peixaría prevese financiar 42 actuacións, aportando 729.990,10€
- Para o ERPP Labañou prevese financiar 40 actuacións, aportando 765.356,28€
- Para o ERRP Ventorrillo prevense financiar 76 actuacións, aportando 1.451.703,22€
Para máis información sobre o proceso, celebraranse diferentes encontros nas zonas ERRP abertos para a veciñanza, empresas de rehabilitación, AA.FF., etc. A relación de datas, serían:
- CC Cidade Vella. Venres, 4 de abril ás 11h00
- AVV Francisco Rodríguez Otero (Rda. de Outeiro, 396), 9 de abril ás 10h00
- CC Novoboandanza. Venres, 11 de abril ás 17h00
- CC Monelos. Luns, 14 de abril ás 17h00
Para participar neles, agradecemos a inscrición previa a través do seguinte enderezo: https://form.jotform.com/250543186902355Se traballades ou tedes contacto con Comunidades de Propietarios destas áreas que poidan ter interese en acceder ás mesmas, agradeceríamos que lles fixésedes chegar esta información. Podedes informarvos sobre o programa na páxina do Servizo de Vivenda. Para calquera consulta non dubidedes en poñervos en contacto con nós a través do correo aforraenerxia@coruna.gal ou no teléfono 604 047 337
Comentarios recientes