Desde a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana queremos expresar a nosa máis profunda dor e consternación polo asasinato machista ocorrido no barrio da Sagrada Familia.
Trasladamos o noso máis sentido pésame á familia, amizades e persoas achegadas da vítima. Non hai palabras que poidan aliviar unha perda tan cruel e inxusta. Este novo crime volve evidenciar que a violencia machista continúa sendo unha ferida aberta na nosa sociedade, unha lacra que debemos erradicar entre todas e todos.
Facemos un chamamento á cidadanía a participar na concentración convocada polo Concello da Coruña mañá, luns 16 de xuño, ás 20:00 horas na Praza de María Pita, para expresar o rexeitamento colectivo ante esta barbarie e amosar o noso compromiso activo contra a violencia de xénero.
Comentarios recientes