Hoxe a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana @favacoruna asistiu á presentación da campaña do Concello da Coruña para a concienciacion cidadá sobre as normas básicas no ocio nocturno a través de diversos productos e soportes (carteis, adhesivos, bolsas, vinilos, etc.). A campaña ten coma fin o de fomentar as boas prácticas, a sensibilización e a convivencia entre hostelería e a veciñanza.
Luisa Varela @varelainsua ,presidenta da Federación, destacou na súa intervención a importancia da campaña e sa colaboración mantida entre partes. Indicou a importancia para a Federación dos intereses veciñais, sen olvidar da necesaria conciliación coa actividade económica. Sinalou a participación nas mesas sobre o ocio nocturno como formas para fomentar está convivencia recollendo a voz do movemento veciñal e do gremio da hostelería, polo que interveu, Héctor Cañete, como presidente da asociación de empresarios de Hostelería @hosteleriacoruna

Comentarios recientes