Hoxe, a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana @favacoruna participou nunha nova sesión da Mesa Sectorial de Vivenda do Concello da Coruña, un foro no que as entidades avalían a situación do mercado residencial e comparten propostas. Hoxe presentouse un avance de resultados tras o primeiro semestre desde a declaración da Zona de Mercado Residencial Tensionado (ZMRT) en A Coruña.
Os últimos datos dos Observatorio Galego da Vivenda reflicten descensos alentadores no importe medio das fianzas que poden ser indicadores positivos a seguir avaliando.
O concelleiro de Urbanismo presentou un resumo preliminar do informe con diversas cuestións nas que destacamos o avance en instrumentos de análise, planificación e avaliación como informes de seguemento semestrais e anuais, instrumentos de monitoreo de datos, así como avances no necesario censo de vivenda baleira.
Ademais estamos comprobando como se está avanzando na coordinación interadministrativa como no caso do Rexistro Municipal de Demandantes de Vivenda entre Concello e Xunta evitando duplicidades e a recente constitución da rede entre cidades declaradas ZMRT para unificar datos e modelos de informes.
Desde o movemento veciñal valoramos positivamente os avances en transparencia e coordinación institucional, ao tempo que continuaremos incidindo na continuación de políticas públicas que garanticen o dereito á vivenda.
Comentarios recientes