Onte a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (@favacoruna ) asistiu ao acto institucional de entrega do II Premio Tomás Fábregas. O premio Tomás Fábregas homenaxea ao activista coruñés que desafiou a prohibición de entrada nos Estados Unidos ás persoas con VIH, converténdose nun símbolo de loita nos anos noventa.

Este ano o recoñecemento foi para ALAS Coruña (@alasacoruna) polo traballo e compromiso na loita contra a LGTBIfobia, na defensa da igualdade e dos dereitos humanos. Destacamos, asimismo, a importancia dada por parte da súa presidenta, Ana García, ao activismo comunitario e o seu papel na transformación social.