O Concello da Coruña, a través do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), abriu onte, 10 de xaneiro, o prazo de preinscrición para os obradoiros da nova tempada de primavera do Programa de Lecer que se leva a cabo entre o Fórum Metropolitano e o Centro Sociocultural Ágora.
Os módulos ofertados no Programa de Lecer, retomado durante o outono pasado garantindo a máxima seguridade sanitaria para as usuarias e usuarios participantes, concretáronse en 41 obradoiros no Fórum Metropolitano, con 972 prazas, así como outros 57 obradoiros no Ágora, con 985 prazas. Nesta nova convocatoria, a de primavera, poñeranse en marcha 12 obradoiros máis que na edición de outono, aínda que cun número menor de prazas, debido á convocatoria de novos obradoiros de menor ratio.
O prazo de preinscrición nos novos obradoiros comezou este luns, 10 de xaneiro (9.00 horas), e rematará o mércores, 12 de xaneiro (20.00 horas). O rexistro de solicitudes farase de forma telemática, a través da páxina web www.coruna.gal/cultura. Cada usuaria ou usuario interesado poderá inscribirse nun máximo de dous obradoiros.
Máis información na seguinte ligazón:
Inscribinme o 10 de Xaneiro en «San e Rico», e non aparezo na lista do sorteo. Recibín este correo despóis da inscripción: De: ayto-no-responder@coruna.eu Para: mercedes_casimira@yahoo.es mié, 10 ene a las 9:05 Marca corporativa Ayuntamiento de A Coruña A túa solicitude foi rexistrada Nome e apelidos : Mercedes Sampayo Yáñez Sexo: Muller Email : mercedes_casimira@yahoo.es Teléfono: 645687485 Asunto: Preinscripción no curso de cociña San e Rico Descrición: SAN E RICO Mércores, de 18.00 a 20.00 h (aula 15) Responsable: Lola Caramés Cociña vexetariana. Receitas para iniciarse no vexetarianismo. Fáciles e ricas. Doces e salgadas. Para todos os niveis. Gustaríame saber a razón de non aparecer na lista. Un saúdo Mercedes Sampayo
Bo día Mercedes, Descoñecemos o curso do que nos falas, pero debes dirixirte ó organizador do acto, segundo puidemos informarnos podes escribir a forumagora@serviplus.org ou chamar ó telefono de información do Concello 010, para consultar a quen podes dirixirte. A Federación de AA.VV. non temos nada que ver coa organización ou desenvolvemento do curso que nos indicas. Moita sorte, un saúdo