Onte a Federación de Asociación veciñais da Coruña e Área Metropolitana (@favacoruna ) participou na primeira reunión da nova directiva da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE) @cogave2021 presidida por Juan Manuel Loureiro da Federación de Asociacións veciñais “Castelao” de Pontevedra.

Na reunión marcáronse iniciativas de organización interna e as principais liñas dos vindeiros meses centradas en cuestións de impacto social como a problemática de acceso a vivenda e a situación coas comisión bancarias abusivas.