{"id":21549,"date":"2020-06-12T09:06:21","date_gmt":"2020-06-12T09:06:21","guid":{"rendered":"https:\/\/favacoruna.gal\/?p=21549"},"modified":"2020-12-10T11:56:56","modified_gmt":"2020-12-10T11:56:56","slug":"o-concello-regula-o-uso-dos-vehiculos-de-mobilidade-persoal-nas-ruas-da-cidade","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/o-concello-regula-o-uso-dos-vehiculos-de-mobilidade-persoal-nas-ruas-da-cidade\/","title":{"rendered":"O CONCELLO REGULA O USO DOS VEH\u00cdCULOS DE MOBILIDADE PERSOAL NAS R\u00daAS DA CIDADE"},"content":{"rendered":"<p>O concello acaba de publicar no <a href=\"https:\/\/bop.dacoruna.gal\/bopportal\/publicado\/2020\/06\/12\/2020_0000003523.html\">Bolet\u00edn Oficial da Provincia (BOP)<\/a> unha instruci\u00f3n para regular o uso dos veh\u00edculos de mobilidade persoal nas r\u00faas da cidade. A finalidade \u00e9 favorecer a seguridade viaria e garantir que o uso destes veh\u00edculos se realice dunha forma regulada e segura, fac\u00e9ndoa compatible cos diferentes usos da v\u00eda p\u00fablica, especialmente no \u00e1mbito das beirarr\u00faas e zonas peon\u00eds. Desde hoxe, a Polic\u00eda Local vixiar\u00e1 que se cumpran as normas no relativo \u00e1 circulaci\u00f3n destes patinetes el\u00e9ctricos.<\/p>\n<p>O edil de Urbanismo, Juan D\u00edaz Villoslada, explicou que O Goberno local considerou conveniente aprobar esta instruci\u00f3n ante a aparici\u00f3n de novos medios de mobilidade e transporte no \u00e1mbito urbano e que se est\u00e1 \u00e1 espera de que o Goberno aprobe unha normativa de car\u00e1cter xeral.<\/p>\n<p>A alcaldesa, In\u00e9s Rey, lembrou hoxe que \u00abisto non \u00e9 unha actuaci\u00f3n \u00fanica sen\u00f3n que entra dentro das medidas de mellora de mobilidade da cidade, para recuperar o espazo publico para a veci\u00f1anza\u00bb.<\/p>\n<p>Quedan exclu\u00eddos desta regulaci\u00f3n, como xa sinalaba a Resoluci\u00f3n aprobada o 2 de xu\u00f1o, os veh\u00edculos destinados a ser utilizados por persoas con mobilidade reducida, os ciclos de m\u00e1is de d\u00faas rodas con ou sen motor, e aqueles inclu\u00eddos dentro do \u00e1mbito de aplicaci\u00f3n do Regulamento (UE) n\u00fam. 168\/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de xaneiro de 2013, relativo \u00e1 homologaci\u00f3n dos veh\u00edculos de d\u00faas ou tres rodas e os cuadriciclos, e \u00e1 vixilancia do mercado dos devanditos veh\u00edculos.<\/p>\n<p>A nova normativa proh\u00edbelles aos Veh\u00edculos de Mobilidade Persoal (VMP) circular pola beirarr\u00faa e obr\u00edgaos a circular por v\u00edas cuxa velocidade m\u00e1xima permitida non supere os 30 km\/h, polo carril bici e polas sendas ciclables.<\/p>\n<p>A normativa municipal autoriza as persoas propietarias dos VMP a circular polos carr\u00eds bici, no sentido sinalizado e sen superar a velocidade m\u00e1xima de 20 km\/h. Tam\u00e9n a circular por zonas declaradas como \u00abZona 30\u00bb, \u00abZona 20\u00bb e \u00abZona 10\u00bb, as\u00ed como nas v\u00edas cun \u00fanico carril de circulaci\u00f3n cuxa velocidade m\u00e1xima permitida estea limitada a 30 km\/h, sempre que nelas non exista v\u00eda ciclista e a circulaci\u00f3n se produza polo centro da calzada. Excepcionalmente, en ausencia de zonas habilitadas para a circulaci\u00f3n de VMP, poder\u00e1n circular naquelas v\u00edas de \u00fanico sentido e dun s\u00f3 carril de circulaci\u00f3n a unha velocidade m\u00e1xima de 25 km\/h. Non se autoriza a circulaci\u00f3n de VMP pola calzada do resto de v\u00edas.<\/p>\n<p>A velocidade m\u00e1xima \u00e1 que poder\u00e1n circular \u00e9 de 25 km\/h. Deber\u00e1n axustar a s\u00faa velocidade \u00e1 velocidade m\u00e1xima permitida na v\u00eda pola que circulen. En todas elas, ter\u00e1n que respectar a sinalizaci\u00f3n xeral e a normativa sobre tr\u00e1fico, circulaci\u00f3n e seguridade viaria, sempre d\u00e1ndolles preferencia \u00e1s peoas e aos pe\u00f3ns.<\/p>\n<p>Nos itinerarios ciclistas sinalizados como tales en zonas de prioridade peonil (coexistencia), os VMP poder\u00e1n circular sempre que se cumpran as seguintes condici\u00f3ns:<\/p>\n<p>&#8211; Respectar a sinalizaci\u00f3n existente.<\/p>\n<p>&#8211; Respectar a prioridade de paso de persoas viandantes.<\/p>\n<p>&#8211; A velocidade m\u00e1xima ser\u00e1 de 10 km\/h e adecuarase, en todo caso, \u00e1 maior ou menor presenza de pe\u00f3ns e peoas.<\/p>\n<p>&#8211; Deber\u00e1n manter unha distancia de seguridade dun metro ao pasar ou cruzarse cun pe\u00f3n ou cunha peoa.<\/p>\n<p>&#8211; Cando non poida deixar unha distancia de polo menos un metro, a persoa condutora ten a obriga de descender do veh\u00edculo e continuar andando.<\/p>\n<p>&#8211; Deber\u00e1n manter unha distancia de polo menos 1,8 metros \u00e1 fachada dos edificios e respectar as\u00ed o itinerario peonil accesible.<\/p>\n<p>&#8211; Non realizar manobras, neglixentes ou temerarias, que poidan afectar \u00e1 seguridade das persoas viandantes ou outras.<\/p>\n<p>O concello poder\u00e1 prohibir a circulaci\u00f3n dos VMP en calquera espazo urbano que, por raz\u00f3ns de interese p\u00fablico, as\u00ed se determine por resoluci\u00f3n municipal da conceller\u00eda competente na materia.<\/p>\n<p>A idade m\u00ednima permitida para circular cun VMP polas v\u00edas e espazos p\u00fablicos \u00e9 de 15 anos (de maneira excepcional permitir\u00e1selles circular \u00e1s persoas menores de 15 anos por v\u00edas ciclistas acompa\u00f1adas dunha persoa adulta e que usen un VMP adecuado a s\u00faa idade, altura e peso). En todo caso, as e os menores deber\u00e1n circular sempre con casco protector.<\/p>\n<p>Non se poder\u00e1 transitar baixo os efectos do alcol e das drogas. A persoa condutora do VMP estar\u00e1 obrigada a someterse \u00e1s probas legalmente establecidas, conforme \u00e1 normativa vixente. Os\/as condutores\/as tampouco poder\u00e1n circular utilizando auriculares con aparellos reprodutores de son, nin tel\u00e9fono m\u00f3bil. As persoas usuarias deber\u00e1n levar pezas reflectoras cando circulen pola noite ou en condici\u00f3ns de baixa visibilidade. Circularase respectando a preferencia de paso das peoas e dos pe\u00f3ns e s\u00f3 est\u00e1 permitido o uso unipersoal do veh\u00edculo.<\/p>\n<p>Canto \u00e1 documentaci\u00f3n, as usuarias e os usuarios deber\u00e1n levar consigo a documentaci\u00f3n t\u00e9cnica do veh\u00edculo. Os patinetes privados non comerciais poder\u00e1n estacionarse en espazos destinados \u00e1s bicicletas. Proh\u00edbese o seu estacionamento en beirarr\u00faas e zona peon\u00eds e non poden suxeitarse a mobiliario urbano ou \u00e1rbores.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O concello acaba de publicar no Bolet\u00edn Oficial da Provincia (BOP) unha instruci\u00f3n para regular o uso dos veh\u00edculos de mobilidade persoal nas r\u00faas da cidade. A finalidade \u00e9 favorecer a seguridade viaria e garantir que o uso destes veh\u00edculos se realice dunha forma regulada e segura, fac\u00e9ndoa compatible cos diferentes usos da v\u00eda p\u00fablica, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":24,"featured_media":26024,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[20],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21549"}],"collection":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/24"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=21549"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21549\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":21550,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/21549\/revisions\/21550"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/26024"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=21549"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=21549"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=21549"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}