{"id":23483,"date":"2020-08-13T10:41:48","date_gmt":"2020-08-13T10:41:48","guid":{"rendered":"https:\/\/favacoruna.gal\/?p=23483"},"modified":"2020-12-09T11:05:34","modified_gmt":"2020-12-09T11:05:34","slug":"peche-oficinas-bancarias-e-cobro-comisions-abusivas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/peche-oficinas-bancarias-e-cobro-comisions-abusivas\/","title":{"rendered":"PECHE OFICINAS BANCARIAS E COBRO COMISI\u00d3NS ABUSIVAS"},"content":{"rendered":"<p><a href=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/Texto-definitivo-entidades-bancarias.pdf\">Documento\u00a0<\/a>presentado por rexistro referido \u00f3 peche de oficinas bancarias e o cobro de comisi\u00f3ns abusivas, dirixido a:<\/p>\n<p>&#8211; Presidente do Goberno de Espa\u00f1a<\/p>\n<p>&#8211; Delegado do Goberno de Espa\u00f1a en Galicia<\/p>\n<p>&#8211; Presidente da Xunta de Galicia<\/p>\n<p>&#8211; Alcaldesa da Coru\u00f1a<\/p>\n<p><strong>A Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Veci\u00f1ais da Coru\u00f1a e \u00c1rea Metropolitana, a Federaci\u00f3n de Uni\u00f3n de Comercios Coru\u00f1esa FUCC e as Asociaci\u00f3ns de Veci\u00f1os e as Asociaci\u00f3ns de Comerciantes que m\u00e1is abaixo se apuntan desexan manifestar o que segue:<\/strong><\/p>\n<p><strong>Que, desde hai meses, vimos observando que est\u00e1 a ter lugar o peche de sucursais bancarias, pertencentes a diferentes bancos, en distintos barrios da cidade da Coru\u00f1a.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Que estes feitos se agudizaron por mor da crise provocada polo Covid-19 de maneira que entidades bancarias, pechadas durante o estado de alarma, xa non volveron a abrir unha vez superado o mesmo.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Que a eliminaci\u00f3n das citadas sucursais bancarias trae consigo as seguintes consecuencias:<\/strong><\/p>\n<p><strong>1) Deixa en situaci\u00f3n de indefensi\u00f3n a todas aquelas persoas que non realizan habitualmente os tr\u00e1mites bancarios a trav\u00e9s de internet, xa sexa por non dispor dos medios inform\u00e1ticos para iso ou por non co\u00f1ecer o uso dos mesmos. Conv\u00e9n sinalar que esta situaci\u00f3n a\u00ednda \u00e9 m\u00e1is grave no caso das persoas maiores, con diversidade funcional ou con escasos recursos.<\/strong><\/p>\n<p><strong>2) Ao eliminar sucursais, todas aquelas persoas que non dispo\u00f1en dos recursos para realizar tr\u00e1mites bancarios a trav\u00e9s de internet, vense obrigadas a trasladarse a aquelas sucursais que permanecen abertas, ocasionando isto uns desprazamentos, en ocasi\u00f3ns sen condici\u00f3ns de accesibilidade, que poden resultar imposibles para persoas maiores, con diversidade funcional ou con escasos recursos.<\/strong><\/p>\n<p><strong>3) Que a reduci\u00f3n de oficinas bancarias leva aparellada unha peor atenci\u00f3n aos clientes ao aumentar o n\u00famero de persoas a cubrir, por cada unha das sucursais que quedan.<\/strong><\/p>\n<p><strong>4) Que os devanditos peches de oficinas bancarias terminar\u00e1n afectando o volume de persoal das entidades bancarias, o que provocar\u00e1 un incremento do paro.<\/strong><\/p>\n<p><strong>5) Que o peche de sucursais estrangula ao pequeno comercio dos barrios provoc\u00e1ndolles unha situaci\u00f3n moi complexa ao ver moi dificultada a s\u00faa necesaria obtenci\u00f3n de cambio monetario e, ademais, deber\u00e1 dedicar moito m\u00e1is tempo para levar a cabo as s\u00faas imprescindibles xesti\u00f3ns bancarias, o que resultar\u00e1 imposible para moitos deles ao coincidir o seu horario de apertura co da sucursal bancaria.<\/strong><\/p>\n<p><strong>A maiores, a\u00ednda tendo menos servizos bancarios polo peche de sucursais, as entidades bancarias te\u00f1en realizado unha subida nas comisi\u00f3ns bancarias dunha maneira que consideramos inasumible, sobre todo nestes tempos de crises e de aumento da desigualdade social.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Que consideramos que estas decisi\u00f3ns das entidades bancarias son absolutamente inaceptables, non s\u00f3 pola eliminaci\u00f3n dos servizos bancarios que consideramos est\u00e1n obrigados a prestar, sen\u00f3n porque as entidades bancarias foron salvadas con fondos p\u00fablicos, di\u00f1eiro de toda a cidadan\u00eda, e adxudicados en moitos casos a entidades privadas a prezo de saldo.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Por todo iso, entendemos imprescindible unha intervenci\u00f3n das instituci\u00f3ns p\u00fablicas que impida que as entidades bancarias contin\u00faen coa s\u00faa pol\u00edtica de reduci\u00f3n dos servizos bancarios \u00e1 cidadan\u00eda e ao pequeno comercio.<\/strong><\/p>\n<p><strong>Ademais, atendendo ao rescate efectuado no seu momento \u00e1s entidades bancarias con di\u00f1eiro p\u00fablico, pensamos que \u00e9 urxente que as instituci\u00f3ns p\u00fablicas adopten as medidas necesarias para que as comisi\u00f3n bancarias abusivas que xa foron cobradas este ano sexan devoltas \u00e1s persoas e entidades interesadas, e que se eliminen os importes destas comisi\u00f3ns no futuro.<\/strong><\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong><u>ENTIDADES QUE APOIAN ESTE TEXTO<\/u><\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Federaci\u00f3n de Asociaci\u00f3ns Veci\u00f1ais de A Coru\u00f1a e \u00c1rea Metropolitana<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Federaci\u00f3n de Uni\u00f3n de Comercios Coru\u00f1esa (FUCC)<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os do Castrill\u00f3n \u2013 Urbanizaci\u00f3n Soto \u201cIar\u201d<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os \u201cA Barcarola\u201d de Catro Cami\u00f1os<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os Entre Rondas<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os \u201cOs Anxos\u201d de San Crist\u00f3bal das Vi\u00f1as<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os \u201cOs Nosos Lares\u201d de Palavea<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os San Diego \u2013 Os Castros<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os Oza \u2013 Gaiteira \u2013 Os Castros<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os Atochas \u2013 Monte Alto \u2013 A Torre<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os \u201cAs Xunqueiras\u201d de Mesoiro \u2013 V\u00edo<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os do Ventorrillo<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Asociaci\u00f3n de Veci\u00f1os Monelos \u2013 Fonte das Paxarelas<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; Uni\u00f3n de Comercio do Castrill\u00f3n, Eir\u00eds e Monelos (ACOCEM)<\/strong><\/p>\n<p><strong>&#8211; A.VV. \u201cAs Revoltas\u201d de A Zapateira<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Documento presentado por rexistro dirixido \u00f3 Presidente do Goberno de Espa\u00f1a, \u00f3 Delegado do Goberno de Espa\u00f1a en Galicia, \u00f3 Presidente da Xunta de Galicia e \u00e1 Alcaldesa da Coru\u00f1a.<\/p>\n","protected":false},"author":24,"featured_media":25993,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23483"}],"collection":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/24"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23483"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23483\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":23488,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23483\/revisions\/23488"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25993"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23483"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23483"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23483"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}