{"id":23702,"date":"2020-08-19T10:29:28","date_gmt":"2020-08-19T10:29:28","guid":{"rendered":"https:\/\/favacoruna.gal\/?p=23702"},"modified":"2020-08-19T10:43:13","modified_gmt":"2020-08-19T10:43:13","slug":"plataforma-galega-ensino-sen-riscos","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/plataforma-galega-ensino-sen-riscos\/","title":{"rendered":"Plataforma Galega ENSINO SEN RISCOS"},"content":{"rendered":"<p>ANTE A CONSELLEIRA DE EDUCACI\u00d3N CONSELLER\u00cdA DE EDUCACI\u00d3N, UNIVERSIDADE E FORMACI\u00d3N PROFESIONAL &#8211; XUNTA DE GALICIA<\/p>\n<p>As asinantes deste escrito, nais, pais, familiares, titores e docentes de cativos e rapaces escolarizados en centros da nosa Comunidade Aut\u00f3noma, actuando cada unha no seu propio nome e dereito, e todas conxuntamente como membros da plataforma \u201c Dereito a Ensino Sen Risco En Pandemia (DERPA) \u201d, declarando como medio \u00fanico aos efectos de notificaci\u00f3ns o correo electr\u00f3nico vueltaseguragalicia@gmail.com, ao abeiro do disposto no artigo 1 da Lei Org\u00e1nica 4\/2001 , de 12 de novembro, reguladora do Dereito de Petici\u00f3n, formulamos escrito de PETICI\u00d3N COLECTIVA , en base ao seguinte:<br \/>\n1. A d\u00eda de hoxe Espa\u00f1a \u00e9 o pa\u00eds con m\u00e1is casos activos de infectados polo virus Covid 19, con m\u00e1is de 580 abrochos activos en todo o territorio espa\u00f1ol, e 1.158 casos activos na nosa comunidade ao peche da redacci\u00f3n deste escrito.<br \/>\n2. Analizado o Protocolo de adaptaci\u00f3n ao contexto da Covid 19 para os centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 20-21 emitido conxuntamente pola Conseller\u00eda de Educaci\u00f3n e Sanidade, comprobamos que non s\u00f3 non serve para garantir os nosos dereitos constitucionais \u00e1 sa\u00fade, \u00e1 integridade f\u00edsica e \u00e1 educaci\u00f3n dos nosos fillos e fillas e dos nosos profesionais da educaci\u00f3n, sen\u00f3n que tam\u00e9n contrav\u00e9n todas as indicaci\u00f3ns sanitarias nacionais e internacionais, as\u00ed como a propia normativa emanada da Xunta de Galicia .<br \/>\n3. Observamos con desacougo que os Grupos de Convivencia Estable en Educaci\u00f3n Infantil e Educaci\u00f3n Primaria previstos no Protocolo, nunca ser\u00e1n estancos. Sobre todo cando os nenos ao sa\u00edr do colexio te\u00f1en que entrar nun autob\u00fas ateigado doutros nenos que proceden doutros cursos, con independencia de que no autob\u00fas sexa obrigado o uso de m\u00e1scara. Por non esquecer que fora do \u00e1mbito escolar os nenos e mestres te\u00f1en o seu \u00e1mbito de relaci\u00f3n social, o que pon ao resto dos nenos da burbulla en evidente risco de contaxio, m\u00e1ximo cando poder\u00e1n xogar e relacionarse sen restrici\u00f3ns. O que sup\u00f3n un perigo para a integridade f\u00edsica e a sa\u00fade dos nosos fillos.<br \/>\n4. Constatamos con preocupaci\u00f3n que se mant\u00e9n unha ratio totalmente inasumible de 25 nenos e nenas por aula, cando as autoridades sanitarias est\u00e1n recomendando constantemente reducir o m\u00e1ximo posible os contactos, e cando os grupos de xuntanza de non conviventes non deben exceder de 10 persoas. A Organizaci\u00f3n Mundial da Sa\u00fade e numerosos profesionais de prestixio no \u00e1mbito nacional reco\u00f1ecen que nos grupos onde hai conviventes de distinta procedencia, como \u00e9 o caso das residencias, o risco de contaxio aumenta notablemente.<br \/>\n5. Na mesma li\u00f1a, debemos aludir ao tempo de permanencia nun espazo pechado sen m\u00e1scara . Os nenos ter\u00e1n que permanecer xuntos nun espazo cerrado cando as autoridades sanitarias advirten que \u00e9 perigoso permanecer per\u00edodos longos de tempo nesta situaci\u00f3n. No apartado 4.2.1 do protocolo, po\u00f1en o foco na ventilaci\u00f3n e que se o tempo o permite as vent\u00e1s deber\u00e1n permanecer abertas o maior tempo posible, pero non esquezamos a climatolox\u00eda de Galicia e as enfermidades vinculadas con sintomatolox\u00eda similar ao Covid-19. Polo que por\u00e1n en risco a sa\u00fade dos nosos fillos e a nosa como familias, deix\u00e1ndonos completamente desamparados aos pais.<br \/>\n6. As\u00ed mesmo, observamos con inquedanza que no Protocolo non se establecen medidas espec\u00edficas para protexer as nenas e nenos que son poboaci\u00f3n de risco, as\u00ed como aos seus familiares ou conviventes, por estar afectados de diferentes patolox\u00edas vinculadas a casos graves de Covid 19.<br \/>\n7. Constatamos ademais que se est\u00e1 deixando a moitas familias sen posibilidades reais de conciliar a vida laboral e familiar, xa que en moitos centros, ante a falta de medios sanitarios, econ\u00f3micos e humanos para garantir a seguridade, non se poden xestionar servizos como os comedores escolares ou o Plan Madruga, esenciais para que as familias fagan efectivo o seu dereito ao traballo.<br \/>\n8. Denunciamos igualmente, que o Protocolo incumpre por un lado o disposto no Real Decreto-ley 21\/2020, de 9 de junio, de medidas urgentes de prevenci\u00f3n, contenci\u00f3n y coordinaci\u00f3n para hacer frente a la crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19 , no seu artigo 6.1, e por outro na Resoluci\u00f3n de 17 de xullo de 2020, da Secretar\u00eda Xeral T\u00e9cnica da Conseller\u00eda de Sanidade, ao non recoller a obriga do uso de m\u00e1scara nas aulas, e a reducir a distancia interpersoal de seguridade a 1 metro contabilizado dende o centro da cadeira.<br \/>\n9. Debemos tomar nota da alerta da OMS de que a volta as clases presenciais \u201cs\u00f3lo empeorar\u00e1 la situaci\u00f3n en los paises con transmisi\u00f3n elevada de Covid-19\u201d. E temos para ilustralo o exemplo de Alemania, que unha semana despois da volta \u00e1s clases xa te\u00f1en que cerrar colexios por terse producido contaxios. As autoridades sanitarias ve\u00f1en reco\u00f1ecendo que o contexto m\u00e1is propicio para os contaxios \u00e9 permanecer en espazos cerrados con pouca ou mala ventilaci\u00f3n, a<br \/>\npermanencia no mesmo dun gran grupo de persoas e estar moito tempo nesta situaci\u00f3n. E por desgraza, todos estes elementos se dan no caso da educaci\u00f3n presencial nas aulas tal e como se est\u00e1 artellando no Protocolo.<br \/>\n10. Igualmente, tomamos nota de estudos recentes dirixidos polo Hospital Sant Joan de Deu de Barcelona que indican que os nenos te\u00f1en a mesma capacidade de infectarse e de transmitir o virus que os adultos; datos publicados polo Hospital Ni\u00f1o Jes\u00fas de Madrid, no que 26 pacientes pedi\u00e1tricos necesitaron UCI, segundo o rexistro da Sociedade Espa\u00f1ola de Coidados Intensivos Pedi\u00e1tricos e 16 menores presentaron cadros graves do s\u00edndrome inflamatorio\u00a0 multisist\u00e9mico , temporalmente relacionado co SARS-CoV-2. As\u00ed como as aportaci\u00f3ns feitas pola Universidade de Granada , nas que se concl\u00fae que cada neno pode contaxiar indirectamente a arredor de 800 persoas.<br \/>\n11. Ante todo o anterior, preoc\u00fapanos especialmente que si os colexios se converten en novos focos de transmisi\u00f3n, como \u00e9 esperable que aconteza, tal e como expuxo a autoridade sanitaria nacional para a xesti\u00f3n da Pandemia, Fernando Sim\u00f3n, o aumento da base poboacional pedi\u00e1trica infectada desemboque nun caos nos centros de sa\u00fade, nos cales nos atenden eminentemente por v\u00eda telef\u00f3nica, ou ben que non dispo\u00f1amos de camas suficientes nas UCIs pedi\u00e1tricas da nosa comunidade e que se comparten con outro tipo de patolox\u00edas, porque alg\u00fans ser\u00e1n asintom\u00e1ticos, pero outros non se librar\u00e1n de padecer o virus, con m\u00e1is ou menos dureza, e o noso sistema sanitario ten carencias por todos co\u00f1ecidas.<br \/>\n12. Entendemos por todo isto, que a asistencia \u00e1s clases, nestas condici\u00f3ns tampouco pode ser obrigatoria, pois como pais e nais, se nos est\u00e1 po\u00f1endo na situaci\u00f3n de desprotexer aos nosos fillos e fillas, sen que a Administraci\u00f3n educativa responda ante un posible contaxio nas aulas pola deficiencia do seu Protocolo.<br \/>\n13. Por \u00faltimo, lamentamos que non se nos escoite. Que o Protocolo de adaptaci\u00f3n ao contexto da Covid 19 se impo\u00f1a sen consensuar coa comunidade educativa, con numerosas eivas, sen prever soluci\u00f3ns efectivas para casos de nenas e nenos con circunstancias de risco, con ausencia dun plan viable de educaci\u00f3n presencial sen riscos, sen aproveitar esta oportunidade para mellorar as condici\u00f3ns das aulas p\u00fablicas en Galicia (con d\u00e9ficit de medios, con ratios excesivas, con infraestruturas insuficientes&#8230;). que non se tome en consideraci\u00f3n a preocupaci\u00f3n real das familias, non s\u00f3 pola educaci\u00f3n e a conciliaci\u00f3n, senon tam\u00e9n, e de xeito prioritario, pola sa\u00fade e integridade f\u00edsica dos seus fillos e fillas, en definitiva, que se menosprece o perigo real de contaxio nas aulas, e se supedite o destino das familias galegas con nenas e nenos \u00e1 s\u00faa sorte.<\/p>\n<p>Por todo o anterior, SOLICITAMOS desta Conseller\u00eda:<br \/>\n1. Que se admita a tr\u00e1mite a presente petici\u00f3n colectiva de conformidade coa Lei reguladora da mesma, citada no cabeceiro deste escrito, se te\u00f1a por facilitado o medio citado aos efectos de notificaci\u00f3ns, e se lle de o tr\u00e1mite legalmente previsto, con notificaci\u00f3n expresa da resoluci\u00f3n que se adopte.<br \/>\n2. Que en virtude do exposto, se acorde, mentres dure a pandemia, a voluntariedade da asistencia presencial \u00e1s aulas nas etapas de primaria e secundaria nos centros educativos da Comunidade Aut\u00f3noma Galega, sen menoscabo do dereito \u00e1 educaci\u00f3n das familias que decidan non asistir presencialmente, arbitrando os medios electr\u00f3nicos que sexan necesarios.<br \/>\n3. Que, se habiliten igualmente, soluci\u00f3ns electr\u00f3nicas para a educaci\u00f3n a distancia dos nenos e nenas de infantil, mentres dure a pandemia, sen que a s\u00faa non asistencia as clases presenciais, supo\u00f1a a perda de praza nos centros educativos nos que a te\u00f1an asignada.<br \/>\n4. Que se mellore o Protocolo, consensu\u00e1ndoo con toda a comunidade educativa, para que as familias que necesiten e decidan levar aos seus fillos e fillas presencialmente as aulas, te\u00f1an garantida a m\u00e1xima seguridade fronte ao Covid 19, sen menoscabo de dereitos.<br \/>\n5. Que se vele especialmente para non deixar a ningunha nena e neno atr\u00e1s, atendendo singularmente \u00e1s necesidades educativas especiais, e \u00e1 infancia con risco de exclusi\u00f3n ou abandono escolar, para evitar que se vexan afectados<br \/>\nnegativamente polas medidas adoptadas como consecuencia da adaptaci\u00f3n das necesidades educativas \u00e1 situaci\u00f3n de pandemia.<br \/>\n6. Que para o caso de terse incorrido en calquera eiva na formulaci\u00f3n e presentaci\u00f3n deste escrito, se conceda prazo para a s\u00faa correci\u00f3n.<\/p>\n<p>Feito en Galicia, a 15 de agosto, de 2020<\/p>\n<p><span style=\"color: #ff0000;\"><strong>Se est\u00e1s interesado\/a en recoller sinaturas podes descargar a folla no seguinte ligaz\u00f3n, e presentala cuberta na Liga Reumatol\u00f3xica Galega (Traves\u00eda de Orillamar 7) ata o d\u00eda 24 de agosto.<\/strong><\/span><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/Hoja-de-firmas.pdf\">Hoja de firmas\u00a0\u00a0<\/a><\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/Petici\u00f3n-colectiva.pdf\">Petici\u00f3n colectiva en PDF<\/a><\/p>\n<p><img loading=\"lazy\" class=\"aligncenter wp-image-23708 size-large\" src=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa1-644x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"644\" height=\"1024\" srcset=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa1-644x1024.jpg 644w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa1-189x300.jpg 189w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa1-768x1221.jpg 768w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa1.jpg 1059w\" sizes=\"(max-width: 644px) 100vw, 644px\" \/> <img loading=\"lazy\" class=\"aligncenter wp-image-23709 size-large\" src=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa2-788x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"788\" height=\"1024\" srcset=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa2-788x1024.jpg 788w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa2-231x300.jpg 231w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa2-768x998.jpg 768w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa2.jpg 974w\" sizes=\"(max-width: 788px) 100vw, 788px\" \/> <img loading=\"lazy\" class=\"aligncenter wp-image-23710 size-large\" src=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa3-777x1024.jpg\" alt=\"\" width=\"777\" height=\"1024\" srcset=\"https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa3-777x1024.jpg 777w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa3-228x300.jpg 228w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa3-768x1012.jpg 768w, https:\/\/favacoruna.gal\/wp-content\/uploads\/2020\/08\/046-derpa3.jpg 970w\" sizes=\"(max-width: 777px) 100vw, 777px\" \/><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Lee a s\u00faa petici\u00f3n e as\u00ednaa. Familias defendendo unha volta ao cole e un ensino sen riscos durante a pandemia. <\/p>\n","protected":false},"author":24,"featured_media":23707,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[11],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23702"}],"collection":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/24"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=23702"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23702\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":23713,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/23702\/revisions\/23713"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/23707"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=23702"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=23702"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=23702"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}