{"id":25119,"date":"2020-09-18T10:26:12","date_gmt":"2020-09-18T10:26:12","guid":{"rendered":"https:\/\/favacoruna.gal\/?p=25119"},"modified":"2020-10-06T10:29:11","modified_gmt":"2020-10-06T10:29:11","slug":"diversidarte","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/diversidarte\/","title":{"rendered":"DIVERSIDARTE"},"content":{"rendered":"<p>Nun ano marcado polas dificultades xeradas pola\u00a0COVID-19, a quinta edici\u00f3n de DiversidArte, Festival das Artes Inclusivas, ter\u00e1 lugar na Coru\u00f1a entre o 18 de setembro e o 3 de outubro con cinco xornadas de actuaci\u00f3ns e actividades a trav\u00e9s das que, reforzando as medidas de seguridade fronte \u00e1\u00a0COVID-19, a organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro Poten100mos segue traballando pola igualdade e a diversidade no sentido m\u00e1is amplo.<\/p>\n<p>DiversidArte estableceu unha capacidade\u00a0do 60%, logo da\u00a0reserva previa, en todos os eventos que realizar\u00e1 de forma presencial que, ademais, ser\u00e1n retransmitidos polas redes sociais de Plataforma DiversidArte, aumentando as\u00ed a accesibilidade dos eventos \u00abpara que a programaci\u00f3n chegue realmente a todas as persoas\u00bb en palabras de Cristina de la Puente, directora de proxectos dePoten100mos.<\/p>\n<p>A programaci\u00f3n desta edici\u00f3n cont\u00e9n proxecci\u00f3ns do concurso de cinema social DiversimaCine, actuaci\u00f3ns, talleres con participaci\u00f3n do p\u00fablico e a Gala DiversidArte, como clausura, onde se entregar\u00e1n os premios \u00e1s persoas ga\u00f1adoras deDiversimacine e estrearase, despois de moitas dificultades e extremando as precauci\u00f3ns debido \u00e1 actual situaci\u00f3n, a obra de teatro e percusi\u00f3n &#8216;Metamorfose&#8217; . O acceso ser\u00e1 gratu\u00edto tras a reserva previa de praza debido \u00e1\u00a0COVID-19 a trav\u00e9s da p\u00e1xina web\u00a0<a href=\"http:\/\/www.poten100mos.org\/reservas\">www.poten100mos.org\/reservas<\/a>.<\/p>\n<p>O grupo de teatro e de m\u00fasica da Asociaci\u00f3n Poten100mos, Experimentadanza, Asociaci\u00f3n Diversos, Milicia Gr\u00e1fica, Pablo Rega, Cirkoimpacto e Dj Inclusivo MontxoNucleus 6 dar\u00e1n vida a trav\u00e9s do teatro, a m\u00fasica, o circo, a danza e as artes gr\u00e1ficas \u00e1 programaci\u00f3n deste ano que conta co apoio, na cesi\u00f3n de espazos, do Concello da Coru\u00f1a, de Afundaci\u00f3n e do CGAI.<\/p>\n<p class=\"tituloInterno\">CELEBRACI\u00d3NS NO MERCADO DE SAN AGUST\u00cdN<\/p>\n<p>O s\u00e1bado 19 de setembro\u00a0comezar\u00e1n as celebraci\u00f3ns no Mercado de San Agust\u00edn onde, ao longo do d\u00eda, se levar\u00e1n a cabo actividades e actuaci\u00f3ns.<\/p>\n<p>Pola ma\u00f1\u00e1, de 11.00 h a 13.00 h,\u00a0Milicia Gr\u00e1fica dirixir\u00e1 o taller \u00abA Impresionarte\u00bb onde cada nena\/o gozar\u00e1 de 30 minutos para usar esta marabillosa \u00abimpresora po\u00e9tica\u00bb que ten como obxectivo facer reflexionar acerca de que cada un\/unha somos o motor de esta retrom\u00e1quina e tam\u00e9n do noso mundo ademais de ser responsables dos cambios sociais positivos.<\/p>\n<p>Pola tarde, de 17.30 h a 18.00 h, chega a quenda do baile integrado de Experimenta danza que interpretar\u00e1n &#8216;L\u00edmites&#8217;, unha peza para dous corpos posibles e diferentes, o corpo diverso que ten forza e dirixe os movementos do bailar\u00edn como un im\u00e1n. De 18.30 h a 19.30 h, o alumnado e o equipo de persoas creadoras de Asociaci\u00f3n Diversos levar\u00e1 a cabo &#8216;Constru\u00edndo so\u00f1os&#8217;, unha posta en escena de teatro inclusivo formada por diversas micro-pezas de baile integradas desde o corpo, a palabra, a voz e a imaxe.<\/p>\n<p>O s\u00e1bado seguinte, 26 de setembro, de novo Milicia Gr\u00e1fica encargarase de levar acabo un taller &#8216;A m\u00e1scara do artista&#8217; nesta ocasi\u00f3n para nenas\/os e persoas adultas de 11.00 h a 13.15 h da ma\u00f1\u00e1 onde o cart\u00f3n ser\u00e1 o principal material que se utilice e onde se experimentar\u00e1 \u00aba beleza das diferenzas\u00bb, o principal obxectivo desta actividade.<\/p>\n<p>Nesta ocasi\u00f3n, pola tarde de 17.00 h a 20.00 h haber\u00e1 tam\u00e9n un taller de improvisaci\u00f3n musical impartido polo m\u00fasico Pablo Rega, onde o p\u00fablico poder\u00e1 experimentar f\u00f3ra dos par\u00e1metros habituais o que xa se co\u00f1ece como improvisaci\u00f3n mel\u00f3dica presente nos x\u00e9neros populares descendentes do blues e do jazz. De 17.30 h a 18.30 h Cirkompacto levar\u00e1n a cabo &#8216;Hell Brothers&#8217; , un espect\u00e1culo onde, como \u00e9 habitual neste d\u00fao c\u00f3mico, ofrecer\u00e1n grandes doses de circo e de humor.<\/p>\n<p>O peche da xornada, de 18.30 h a 20.00 h, po\u00f1erao Dj Inclusivo Montxo Nucleus 6 que, grazas \u00e1 posibilidade de conectar o seu implante coclear ao mesturador, ofrecer\u00e1 unha sesi\u00f3n musical divertida.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O Festival das Artes Inclusivas ofrece un programa de cinema social, circo, teatro, danza, m\u00fasica e artes gr\u00e1ficas. Parte das s\u00faas actividades levaranse a cabo no Mercado de San Agust\u00edn<\/p>\n","protected":false},"author":24,"featured_media":25120,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[20,12],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25119"}],"collection":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/24"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25119"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25119\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25121,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25119\/revisions\/25121"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25120"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25119"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25119"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25119"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}