{"id":25909,"date":"2020-11-22T11:54:41","date_gmt":"2020-11-22T11:54:41","guid":{"rendered":"https:\/\/favacoruna.gal\/?p=25909"},"modified":"2020-12-02T11:57:42","modified_gmt":"2020-12-02T11:57:42","slug":"certame-de-relatos-a-erbeda-a-vv-os-nosos-lares-de-palavea","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/certame-de-relatos-a-erbeda-a-vv-os-nosos-lares-de-palavea\/","title":{"rendered":"CERTAME DE RELATOS A \u00c9RBEDA (A.VV. Os Nosos Lares de Palavea)"},"content":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u201cOs nosos lares\u201d de Palavea convoca o <strong>primeiro certame de relatos breves \u201cA ERBEDA\u201d.<\/strong><\/p>\n<p>Estes premios xorden co obxecto de fomentar o interese pola creaci\u00f3n literaria e a lectura, tanto en adultos coma nun p\u00fablico infantil e xuvenil, recuperando, asemade, a conexi\u00f3n entre o barrio e o top\u00f3nimo literario creado por Emilia Pardo Baz\u00e1n para referirse a Palavea. \u00c9 este nome,\u00a0A Erbeda, o que designa o certame que, conectando coa traxectoria da escritora coru\u00f1esa, se centra nun x\u00e9nero concreto da s\u00faa obra: o relato breve. Desta forma, esta proposta de certame quere ser un humilde est\u00edmulo \u00e1 creatividade literaria, \u00e1 lectura e \u00e1 cultura do libro e a literatura. Ao mesmo tempo \u00e9 un reco\u00f1ecemento da dimensi\u00f3n literaria do barrio, que serve tam\u00e9n como unha posta en valor cultural do mesmo, tanto polos veci\u00f1os como para o resto dos coru\u00f1eses.<\/p>\n<p><strong>PARTICIPACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p>Poder\u00e1 participar calquera persoa na categor\u00eda correspondente segundo a s\u00faa idade.<\/p>\n<p><strong>CATEGOR\u00cdAS<\/strong><\/p>\n<p>Categor\u00eda A: ata 14 anos.<\/p>\n<p>Categor\u00eda B: a partir de 15 anos.<\/p>\n<p><strong>SOBRE OS RELATOS<\/strong><\/p>\n<p>Os relatos, de tema libre, deber\u00e1n ser textos de creaci\u00f3n propia e in\u00e9ditos escritos en lingua galega.<\/p>\n<p>Cada relato poder\u00e1 ter unha extensi\u00f3n m\u00e1xima de 1.000 palabras, t\u00edtulo inclu\u00eddo.<\/p>\n<p>Cada participante poder\u00e1 presentar ata tres relatos diferentes. Non se poder\u00e1n presentar traballos cos que se concorra a outros certames.<\/p>\n<p><strong>PREMIOS<\/strong><\/p>\n<p>Concederase un premio por cada categor\u00eda<\/p>\n<p>Categor\u00eda A. Un lote de libros da librar\u00eda Moito Conto por valor de 120 euros e unha escolma de publicaci\u00f3ns da Real Academia Galega.<\/p>\n<p>Categor\u00eda B. Un lote de libros da librar\u00eda Xiada por valor de 120 euros e unha escolma de publicaci\u00f3ns da Real Academia Galega.<\/p>\n<p><strong>NORMAS DE ENV\u00cdO DOS RELATOS<\/strong><\/p>\n<p>Os relatos poder\u00e1n ser presentados de d\u00faas maneiras:<\/p>\n<p>Enviando un correo electr\u00f3nico ao enderezo electr\u00f3nico\u00a0<a href=\"mailto:osnososlarespalavea@gmail.com\">osnososlarespalavea@gmail.com<\/a>\u00a0co asunto\u00a0Certame de relatos \u201cA Erbeda\u201d + a categor\u00eda que corresponda (A ou B)+Pseud\u00f3nimo, e acompa\u00f1ado dos seguintes documentos en formato .doc, .docx ou similar:<\/p>\n<p>Documento A. Nomearase co\u00a0T\u00edtulo do relato\u00a0e conter\u00e1 o texto do microrrelato (t\u00edtulo inclu\u00eddo) sen a sinatura do\/a autor\/a e baixo un pseud\u00f3nimo.<\/p>\n<p>Documento B. Nomearase do seguinte xeito:\u00a0T\u00edtulo do microrrelato+Pseud\u00f3nimo, e conter\u00e1 os datos persoais da persoa concursante: nome e apelidos, enderezo postal, correo electr\u00f3nico, tel\u00e9fono e DNI.<\/p>\n<ol>\n<li>B) Facendo entrega dunha copia dixital de ambos os documentos indicados no subapartado anterior na sede da Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u201cOs nosos lares\u201d (Mercado Municipal s\/n, Palavea \u2013 A Coru\u00f1a). Horario usual de apertura: luns e venres (18:00-20:00 horas).<\/li>\n<\/ol>\n<p>No caso de que o concursante sexa menor de idade, xuntarase a maiores unha autorizaci\u00f3n asinada polo pai, a nai ou o\/a titor\/a legal cos seus datos correspondentes.<\/p>\n<p><strong>PRAZO<\/strong><\/p>\n<p>O prazo para participar no certame permanecer\u00e1 aberto das 00:00 horas do 23 de novembro \u00e1s 23:59 horas do 23 de decembro.<\/p>\n<p><strong>XURADO<\/strong><\/p>\n<p>O xurado estar\u00e1 formado por 4 membros: o docente e dinamizador cultural Javier Pintor, o escritor Fernando Onta\u00f1\u00f3n, e por parte da asociaci\u00f3n \u201cOs nosos lares\u201d, \u00c1lvaro B. P\u00e9rez Sancho, vicepresidente e socio organizador do certame, e Ana Santom\u00e9 Est\u00e9vez, tam\u00e9n en calidade de secretaria do xurado.<\/p>\n<p>O xurado poder\u00e1 conceder menci\u00f3ns especiais ou declarar deserto calquera dos premios. A decisi\u00f3n do xurado ser\u00e1 inapelable.<\/p>\n<p><strong>PUBLICACI\u00d3N<\/strong><\/p>\n<p>As\/os ga\u00f1adoras\/es dos premios autorizan expresamente a Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u201cOs nosos lares\u201d de Palavea a publicar e divulgar os seus nomes e os contidos das s\u00faas propostas no momento en que o xurado faga p\u00fablica a decisi\u00f3n.<\/p>\n<p>A Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u201cOs nosos lares\u201d res\u00e9rvase o dereito de publicar os relatos presentados ao certame en calquera soporte ou plataforma, tanto propia como allea, con car\u00e1cter indefinido sempre, e exclusivamente, que non exista un interese lucrativo nin unha distribuci\u00f3n mediante prezo e indicando a autor\u00eda dos textos. Os autores premiados poder\u00e1n publicalos sempre que fagan referencia ao premio ou menci\u00f3n obtido no certame.<\/p>\n<p><strong>ENTREGA DOS PREMIOS<\/strong><\/p>\n<p>A entrega dos premios e diplomas \u00e1s persoas ga\u00f1adoras ter\u00e1 lugar nun acto de car\u00e1cter p\u00fablico. A organizaci\u00f3n do certame non realizar\u00e1 env\u00edos dos galard\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>OUTRAS OBSERVACI\u00d3NS<\/strong><\/p>\n<p>O feito de concursar sup\u00f3n a aceptaci\u00f3n das presentes bases e ser\u00e1n exclu\u00eddos e descualificados os concursantes que non se axusten ou incorran nunha conduta fraudulenta respecto das condici\u00f3ns e bases aqu\u00ed expostas.<\/p>\n<p>No presente certame, a Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u201cOs nosos lares\u201d de Palavea (C.I.F. G-15040918) e calquera outra entidade colaboradora ligada a esta iniciativa quedan exoneradas de toda responsabilidade que puidera derivarse de calquera circunstancia imputable a terceiros e que puidera afectar ao desenvolvemento do certame.<\/p>\n<p>No mesmo sentido, as ditas entidades non ser\u00e1n en ning\u00fan caso responsables de calquera dano, de calquera natureza, directos, indirectos e\/o circunstanciais, xa sexan inmediatos ou diferidos, que puideran aparecer con ocasi\u00f3n ou como consecuencia do goce do premio.<\/p>\n<p><strong>TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS<\/strong><\/p>\n<p>En cumprimento do previsto na Lei Org\u00e1nica 15\/1999, de 13 de decembro, de Protecci\u00f3n de Datos de Car\u00e1cter Persoal (LOPD) e o Real Decreto 1720\/2007, de 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da LOPD, a Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u201cOs nosos lares\u201d de Palavea tratar\u00e1 os datos das persoas participantes coa \u00fanica finalidade de resolver o certame e contactar coas persoas ga\u00f1adoras. En ning\u00fan momento se empregar\u00e1 esta informaci\u00f3n para ulteriores promoci\u00f3ns.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A Asociaci\u00f3n de veci\u00f1os \u201cOs nosos lares\u201d de Palavea convoca o primeiro certame de relatos breves \u201cA ERBEDA\u201d. Estes premios xorden co obxecto de fomentar o interese pola creaci\u00f3n literaria e a lectura, tanto en adultos coma nun p\u00fablico infantil e xuvenil, recuperando, asemade, a conexi\u00f3n entre o barrio e o top\u00f3nimo literario creado por [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":24,"featured_media":25894,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":[],"categories":[32],"tags":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25909"}],"collection":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/users\/24"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=25909"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25909\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":25910,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/25909\/revisions\/25910"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media\/25894"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=25909"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=25909"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/favacoruna.gal\/es\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=25909"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}