Federación de AA.VV. de A Coruña e Área Metropolitana

A FEDERACIÓN

O que somos e o que non somos
Somos:
- Unha entidades sen ánimo de lucro.
- Unha Federación formada por Asociacións Veciñais de A Coruña e da Área Metropolitana.
- Pertencemos á Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (CoGaVe), xunto coas principais federacións veciñais galegas e á Confederación Estatal de Asociaciones de Vecinos (CEAV).
- Reivindicamos melloras na calidade de vida da cidadanía en xeral.
Non somos:
- Unha fundación.
- Unha agrupación de comunidades de veciños.
- Reivindicamos intereses privados ou particulares.

Carta de Luisa Varela Ínsua (Presidenta Federación)
Queridos veciños e veciñas,
Para min é unha honra dirixirme a todos vós como presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, trala recente renovación da Xunta Directiva.
Comezamos esta nova etapa cheos de ilusión e compromiso, coa firme convicción de que xuntos podemos seguir construíndo un futuro mellor para todos.
Nesta nova fase, decidimos poñer en marcha un funcionamento máis colaborativo e eficaz, organizándonos en comisións de traballo que nos permitan abordar dun xeito máis directo e específico os temas que máis nos preocupan: bordo litoral, transporte público, medio ambiente, limpeza, vivendas, terrazas, etc… cremos no valor da diversidade de opinións e na forza de traballar conxuntamente.
Queremos que esta Federación sexa un espazo onde todos se sintan benvidos, onde o respecto mutuo sexa a base das nosas relacións e onde o diálogo aberto sexa a principal ferramenta para acadar os nosos obxectivos. Estamos aquí para escoitarvos, apoiarvos nas vosas iniciativas e traballar da man con cada asociación veciñal na procura de solucións aos retos aos que nos enfrontamos.
Gustaríanos animar ás entidades federadas a participar activamente e dámosvos as grazas polo voso traballo e pola confianza que depositades nesta Federación.
Comprometémonos a traballar con transparencia, dedicación e, sobre todo, co obxectivo de acadar o benestar e o progreso dos nosos barrios.
Un cordial saúdo,

Organigrama Federación
Presidenta: María Luisa Varela Insua
Vicepresidenta e Tesoureira: Isabel Fouz Escobero
Secretario: Manuel Vales Cancelo
Vogal: Juan Manuel Iglesias Rey
Vogal: José Ángel Souto Vázquez
Vogal: Milagros Vieites Sánchez
Vogal: Ana María Rodriguez Oliva
Vogal: Mónica Díaz Carrodeguas
Vogal: Álvaro Pérez Sancho

Marco Xurídico
L.O. 1/2002, de 22 de Marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
Comparación entre a L.O. 1/2002 reguladora do Dereito de Asociación, e a Ley 191/1964 de asociacións.
Convenios

Membro de
