Dende a Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, convidannos a participar no ciclo de conversas que se desenvolverán no marco da campaña do 8 de marzo, “Día Internacional das Mulleres”:
- Luns 7 de marzo con María Montesino: “Construción social da identidade, imaxinarios sobre a vellez e historias de vida”.
- Mércores 16 de marzo con Tiffany López e Zinthia Álvarez: “Arte e educación: referentes e diversidade étnico-racial para a transformación social”.
- Luns 28 de marzo con Mara Jiménez (Croquetamente): “Corpos diversos: aceptación dos corpos e estabilidade emocional”.

A primeira conversa será con María Montesino (Licenciada en Socioloxía pola Universidade de País Vasco). Forma parte da Federación Española de Socioloxía, do Comité académico asesor de Unate (Universidad Permanente de Cantabria), e colabora coa Fundación Patronato Europeo de Mayores (PEM). Tamén participa en “La Ortiga Colectiva”, onde dirixe a revista de arte, literatura e pensamento La Ortiga, e colabora con diversas institucións culturais nos ámbitos da formación en ciencias sociais, a cultura e a agroecoloxía.

Esta actividade terá lugar o luns, 7 de marzo, en horario de 19:00h a 20:30h, no salón de actos do Centro Cívico Os Mallos (Av. de Arteixo, 147). Prazas limitadas. Acceso por orde de chegada ata completar aforo.
Comentarios recentes