
O Concello da Coruña retoma este ano o programa de Orzamentos Participativos, unha ferramenta que permite á cidadanía da Coruña escoller de maneira direita a qué proxectos de investimento destinar unha parte do orzamento municipal.
Nesta octava edición do programa, o Concello quere poñer especial enfase nos barrios e facilitar a participación de toda a cidadanía. Por iso acométense algunhas modificacións importantes, sendo unha delas o aumento do orzamento destinado ao programa, que este ano será de 2.600.000 euros, e a distribución do mesmo entre propostas de cidade e de distritos:Distribución territorial: 520.000 euros irán destinados a propostas de cidade e 2.080.000 euros repartiranse entre propostas de distrito.Reparto entre distritos: 1.456.000 euros repartiranse de maneira equitativa entre os dez distritos censuais e os 624.000 euros restantes repartiranse de forma variable, en función dos datos de poboación residente en cada distrito.
Outras novidades relevantes son as seguintes:O programa pasa a ser bianual, o que quere dicir que a execución das propostas gañadoras se levará a cabo durante dous anos, na busca duns prazos máis realistas.Desaparece a fase de apoios, o que contribúe á simplificación do proceso. Deste xeito, haberá unha primeira fase de presentación de propostas e, tras o traballo de avaliación técnica, terá lugar xa a votación final da que sairán as propostas gañadoras.Incorpóranse novos criterios de admisibilidade das propostas, que serán os seguintes:
- A proposta debe ser competencia municipal.
- Obrigatoriamente debe consistir nun gasto de investimento real.
- O ben, espazo ou infraestrutura sobre o que recae a proposta debe ser de titularidade municipal.
- A estimación de custe debe situarse dentro do rango mínimo-máximo establecido para cada ámbito.
- Que non se duplique con outra propostas presentadas. As propostas duplicadas non se exclúen, agréganse nunha única proposta refundida que reúne o obxecto común.
- A proposta non debe requirir trámites previos complexos informes sectoriais vinculantes, convenios con outras administracións, cesións demaniais ou autorizacións alleas ao Concello.
- Non serán admitidas propostas que coincidan substancialmente con actuacións xa recollidas en instrumentos de planificación municipal aprobados ou en execución (Plan de Barrios, Plan de Mellora de Centros Cívicos, licitacións en curso, contratos programados…).
- O último criterio fai referencia á estabilidade orzamentaria, desestimando as propostas que impliquen un incremento sostido do gasto corrente municipal como incorporación de persoal funcionario ou novos contratos de servizo.
Toda a información detallada podedes consultala na plataforma de participación https://nacorunacontas.coruna.gal/, que xa está operativa.Xa está aberta a primeira fase para presentar propostas de investimentos. O prazo de achega de propostas estará aberto ata o día 19 de xuño.Os requisitos para a participación seguen sendo os mesmos: todas as persoas empadroadas na Coruña e maiores de 16 anos poden propoñer e votar propostas de investimento.
Lembrade que a participación pode facerse de varias maneiras:1.Na plataforma de participación https://nacorunacontas.coruna.gal/, sendo necesaria a verificación dunha conta de persoa usuaria, ainda que, se xa se ten participado nos Orzamentos Participativos anteriormente, a conta de persoa usuaria permanece activa. Para solucionar problemas de acceso pódese chamar ao 010.2. De xeito presencial nos rexistros municipais, nas oficinas de María Pita, Ágora e Fórum, completando un formulario específico que enviamos xunto a este correo. Tamén estará dispoñible nas propias oficinas de rexistro. O goberno municipal percorrerá os 10 distritos durante esta primeira fase, co obxectivo de incentivar a presentación de propostas, prestando especial atención aos colectivos con dificultades de acceso dixital.Ademais, estarán dispoñibles os puntos de apoio presencial nos Centros Cívicos Municipais, as Bibliotecas Municipais da Coruña, a rede de espazos de información xuvenil e a Federación de Asociacións de Veciños de A Coruña e Área Metropolitana.
Comentarios recentes