Onte, 19 de maio, tivo lugar na nosa cidade o I Encontro de Alcaldesas, onde Alcaldesas de toda España, a Ministra de Política Territorial ou a Vicepresidenta do Congreso achegaron a súa visión sobre o liderado feminino no poder municipal e impulsaron unha maior presenza de mulleres en todos os ámbitos da sociedade.
Celebráronse dúas mesas redondas sobre a igualdade nos concellos e o papel das mulleres na toma de decisións, un diálogo entre a ministra de Política Territorial e a alcaldesa da Coruña, e clausurou o acto Ana Pastor, Vicepresidenta do Congreso dos Deputados, coa Conselleira de Igualdade e Emprego, María Jesús Lorenzana.
Podedes consultar o programa completo na seguinte ligazón:






Comentarios recentes