Onte mantivemos unha reunión co Delegado Especial de la Agencia Estatal de Administración Tributaria de Galicia, D. Miguel Cárcaba Menéndez.
A esta xuntanza asistimos representantes das Federacións Veciñais de toda a xeografía galega, membros da Confederación Galega de Asociacións Veciñais (COGAVE).
Valoramos positivamente as conversas co novo Delegado e a súa actitude de colaboración total co movemento veciñal. Poñeremos en marcha conxuntamente charlas informativas sobre educación tributaria, obrigas que temos as entidades veciñais coa A.E.A.T, e outros temas de interese para a veciñanza.



Comentarios recentes