A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana (@favacoruna) organiza en colaboración co Concello da Coruña (@coruna_gal) varias charlas formativas sobre prevención de incendios no fogar.

Nestas charlas os expertos asistentes presentarán consellos de prevención de incendios na vivienda e de como actuar no caso de que se produza un incendio. Esta presentación contará con vídeos explicativos e poderán consultarse todas as dúbidas que se presenten.

Todas as charlas iniciarán ás 18:30 h.

O calendario de encontros será:

30 de outubro. Local da Federación de Asociacións Veciñais e Área Metropolitana. Centro Cívico do Birloque

14 de novembro. Centro Cívico Os Mallos

12 de decembro. Centro Cívico San Diego