Hoxe a presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, Luisa Varela estivo presente no inicio do histórico derribo dos muros do parque do Observatorio.

A reclamación veciñal da apertura e desfrute do parque do Observatorio é unha demanda histórica e constante do movemento vecinal da cidade, en concreto das asociacións veciñais do barrio, para conseguir o desfrute dunha zona verde nun dos barrios con maior densidade de poboación da cidade.