A ESCOLA DE BENESTAR E APODERAMENTO, promovida pola Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, anuncia que xa está dispoñible o PROGRAMA 2023.
A Escola de Benestar e Apoderamento conta cun novo programa de obradoiros formativos presenciais, que, na súa maioría, se desenvolverán nas instalacións do Centro de Información ás Mulleres, e conversas online GRATUÍTAS que abranguen diferentes eixes temáticos:
• Autocoidado
• Expresións artísticas
• Sexualidade
• Canons, estereotipos e roles
• Internet e redes sociais
• Violencias machistas
• Conversas con mulleres que apoderan
Trátase dun recurso dirixido principalmente a mulleres e adolescentes do concello. Configúrase como un espazo de encontro, intercambio e formación onde darlle voz e lugar ao pensamento, ás experiencias e vivencias que teñen como protagonistas ás mulleres.?
Consulta o
Para máis información e poder inscribirse nalgunha das actividades ofertadas preme na seguinte ligazón: https://coruna.gal/escolabenestarapoderamento
Para calquera dúbida ou cuestión, podes poñerte en contacto no teléfono 608 710 978 ou no correo escoladeapoderamento@coruna.gal

Comentarios recientes