Onte asistimos á presentación do proxecto da obra de remodelación dos Cantóns para ás entidades veciñais, hosteleiras e de comerciantes.
A obra comezará o 1 de abril cunha duración de 20 meses aproximadamente.
Co obxectivo de solucionar as dúbidas da cidadanía o Concello habilitou un mapa dixital, adaptado a dispositivos móbiles, no que todas as persoas interesadas poderán consultar as incidencias de mobilidade segundo avance o plan de traballos nas súas diversas fases. Consulta o mapa
O vindeiro xoves 3 de abril, no Work Café do Banco Santander, haberá un acto de presentación do proxecto, aberto para toda á cidadanía.
Toda a información na seguinte ligazón:
Comentarios recientes