Onte asistimos á presentación do proxecto da obra de remodelación dos Cantóns para ás entidades veciñais, hosteleiras e de comerciantes.

A obra comezará o 1 de abril cunha duración de 20 meses aproximadamente.

Co obxectivo de solucionar as dúbidas da cidadanía o Concello habilitou un mapa dixital, adaptado a dispositivos móbiles, no que todas as persoas interesadas poderán consultar as incidencias de mobilidade segundo avance o plan de traballos nas súas diversas fases. Consulta o mapa

O vindeiro xoves 3 de abril, no Work Café do Banco Santander, haberá un acto de presentación do proxecto, aberto para toda á cidadanía.

Toda a información na seguinte ligazón:

https://www.coruna.gal/web/gl/actualidade/novas/nova/o-unico-corte-de-trafico-previsto-durante-a-obra-dos-cantons-durara-cinco-semanas-e-dara-comezo-o/suceso/1453890470710