Desde o día de hoxe até o próximo venres 3 de decembro teremos aberto o proceso de inscición dos nosos Campamentos de Nadal 2021 «Viquingos: obxectivo Galicia».

As persoas interesadas en participar tan só teñen que entrar neste formulario, cubrir a información solicitada e seguir os pasos para o pago da cota. 

Toda a información está na web de cultura do concello http://www.corunal.gal/cultura, tal e como se indica no cartel e folleto adxuntos. 

Para resolver calquera dúbida ou requerimento de información adicional, poden poñerse en contacto connosco a través do teléfono de información municipal 010.