A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que o Concello da Coruña vese na obriga de cancelar as festas do Entroido na cidade debido á «situación sanitaria tan crítica que estamos vivindo». Sinalou que desde o consistorio xa se lle comunicou ás comparsas e que o «entenderon perfectamente».
Rey manifestou que o Concello organizará unha exposición fotográfica en varios puntos da cidade sobre o Entroido, con imaxes históricas, e que se estuda a realización dun concurso de disfraces virtual: «Este ano non poderemos gozar desta festa que tanta tradición ten na Coruña, pero faremos actos simbólicos e culturais que non impliquen agrupacións de persoas».
Comentarios recientes