Este ano dende a asociación veciñal «Os Nosos Lares» de Palavea organizan, xunto a colaboración do Concello da Coruña, a Real Academia Galega e as librarías participantes (Libraría Xiada, Moito Conto e Formatos), a segunda edición do certame de relato breve “A Erbeda”.

O relato ou relatos a presentar serán de tema libre e de 1.000 palabras (máximo) de extensión, incluído o título. O período de entrega finaliza o 15 de decembro. O certame conta con tres categorías e poderá participar calquera persoa na categoria correspondente segundo a súa idade.

Categoría A: Ata 11 anos

Categoría B: de 12 a 17 anos

Categoría C: a partir de 18 anos

Os premios para os gañadores de cada categoria son un lote de libros por valor de 120 euros e unha escolma de publicacións da Real Academia Galega.

Adxuntamos as bases por se calquera entidade ou particular quere participar, difundilo ou promover a participación entre as posibles persoas interesadas en participar.