A Asociación Metropolitana Coruña 3.0 organiza para o vindeiro 30 de xaneiro, ás 19.30 horas, no Sporting Club Casino, un debate co título «Comercio e cidade.¿Qué impacto poden ter as novas tecnoloxías e as novas tendencias na organización do espazo comercial urbano?». Este debate encádrase no ciclo que organiza periodicamente esta Asociación, co título «Intuír o futuro da Coruña».
No debate do día 30, presentado e moderado polo Presidente da AMC 3.0, Andrés Precedo Ledo, intervirán:
- Gonzalo Ortiz Amor, Director Xeral da Camara de Comercio
- Jorge Santos, Socio fundador de «El Almacén Concept Store»
- Antonio Deus Álvarez, Vicepresidente da Unión Coruñesa de Comercio (FUCC)
- Alberto Unsaín González de Suso, Arquitecto
Comentarios recientes