Onte, María Luisa Varela, a presidenta da Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana, participou no coloquio con motivo do #8M2025, que se celebrou na Delegación do Goberno, e que tratou o papel das mulleres no proceso histórico da Transición Española.
O encontro contou tamén coa participación da escritora Marilar Aleixandre, a xornalista Chus Castro e a política Carmen Marón, que achegaron, xunto a directiva veciñal, a súa vivencia deste período histórico.
O acto contou coa asistencia da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e da xefa da Unidade de Coordinación contra a Violencia sobre a Muller da Delegación, María Debén, ademais de mulleres representantes de distintos organismos públicos e do tecido asociativo feminista.




Comentarios recientes