A plataforma SOS Sanidade Pública convocou este mércores mobilizacións por unha vintena de localidades galegas co obxectivo de apoiar a iniciativa lexislativa popular que busca reforzar a Atención Primaria. Na Coruña a convocatoria foi ás 20:00 horas no Obelisco.
Segundo indicou a organización, o obxectivo destas concentracións é conseguir que a Xunta de Galicia aprobe este regulamento que se está a tramitar actualmente no Parlamento de Galicia e que se debaterá o próximo 9 de maio.


Comentarios recientes