O Concello organizou este luns, día 24 de abril, a sesión inaugural da mesa de diálogo para desenvolver a normativa municipal que regula as vivendas de uso turístico, conversando coas entidades interesadas. 
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, reuníuse con representantes da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia (Rafael Serrano), Aproinco (Ángel Jove), Hospeco (Agustín Collazos Martín e Concepción Labrador Lombardía), Federación de Asociacións de Veciños da Coruña (Luisa Varela e Juan Manuel Iglesias Rey) e o Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria (Patricia Vérez e Esperanza González). 

Quedou constituída, así, a mesa de seguimento na que o Concello e os distintos colectivos porán en común as súas iniciativas co fin de avanzar na elaboración dunha normativa regulatoria para as vivendas de uso turístico.
Na mesa tomarán parte dúas entidades máis, o Colexio Oficial de Administradores de Predios e a Asociación de Inquilinos da Coruña.