A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e AXIÑA abren unha nova etapa de colaboración con un convenio pioneiro en dinamización

A Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana @favacoruna e a empresa AXIÑA @axinaanimacion veñen de asinar un convenio estratéxico que permitirá ás máis de 30 asociacións federadas acceder a actividades de animación sociocultural, dinamización e servizos para eventos en condicións moi vantaxosas.

O convenio foi firmado entre a presidenta María Luisa Varela Insua e, Antonio Yáñez Porto, xerente e administrador de Axiña. Acudiu ao acto Jacobo Cabezas, responsable da área de eventos e animación de Axiña

A presidenta María Luisa Varela destacou que este acordo abre unha nova etapa de colaboración, fortalecendo alianzas e mellorando as condicións para que as asociacións continúen desenvolvendo actividades de calidade.

AXIÑA, con máis de 30 anos de traxectoria, é un referente na organización de eventos, animación e programas culturais, deportivos e sociais. A Federación, pola súa banda, leva desde 1977 defendendo os intereses da veciñanza e o tecido asociativo real dos barrios.

Un paso adiante para reforzar a vida comunitaria e a cohesión social na Coruña.