A presidenta da Federación de asociacións veciñais da Coruña e Área Metropolitana @favacoruna , Luisa @varelainsua asistiu onte á histórica firma do convenio do novo Santa Lucía entre a alcaldesa da Coruña @inesreygarcia e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Dende a @favacoruna apoiamos este acordo interadministrativo e o impulso definitivo dado a un proxecto que a Federación apoiou en diversos momentos para a súa realización dada a súa importancia social para o barrio.
O novo Santa Lucía incluirá un novo centro de saúde, un centro cívico e diversos espazos de usos múltiples, que supoñen un investimento total de 10,3 millóns de euros no barrio da Falperra. A metade costeado polo Concello incluindo tres millóns de euros en fondos europeos PIREP que o Concello conseguiu para cofinanciar as actuacións coa Xunta.



Comentarios recientes