A alcaldesa da cidade, Inés Rey, inaugurou este luns a xornada "Proxectos para facer cidade', nun acto no que estivo acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Fran Díaz, e presidida por María Luisa Varela, presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana. A concelleira deixou claro durante a súa intervención que un dos obxectivos do seu mandato é humanizar a cidade para crear unha cidade máis “amable”, polo que a peonalización das distintas zonas é unha das prioridades. Durante a súa intervención, a alcaldesa destacou unha vez máis a importancia de elixir A Coruña como sede de Aesia, que converterá a cidade nun referente da Intelixencia Artificial. "Esa foi unha gran aposta para nós, e agora convértese nun gran orgullo para nós", dixo ao respecto. Pola súa banda, o concelleiro de Urbanismo, Fran Díaz, explicou con máis detalle esta aposta por humanizar a cidade con peonalizacións. O segundo ponente da tarde foi o noso compañeiro, Manuel Vales Cancelo, que realtou sobre as conexións viarias pendentes entre A COruña e a súa contorna.

























Comentarios recientes