O sábado 4 de outubro, ás 19:00 h. a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana participou xunto cunha treintena de entidades sociais, veciñais, sindicais e políticas na marcha cidadá organizada pola plataforma «A Coruña pola Paz» en contra das guerras, do xenocidio e da cultura da guerra e a violencia, baixo o lema «Non as guerras e ao xenocidio», e en conmemoración do día internacional da non violencia.
A marcha percorreu dende a praza de Pontevedra, na simbólica pomba da paz de Picasso, ata a Torre de Hércules, na que houbo unha actuación de Bea a de Estrella e unha lectura do manifesto da plataforma A Coruña pola Paz.
Podes adherirte a plataforma «A Coruña pola Paz» e apoiar a cultura da paz en: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfsVzlTjL2eZPuFxQZGy5bHHmyPpSwB1mxYWORrWG5VWJMaSQ/viewform
Comentarios recientes