Dende a Federación de Asociacións Veciñais de A Coruña e Área Metropolitana queremos manifestar o noso pesar polo falecemento de D. Arsenio Iglesias, inesquecible adestrador daquel gran «Superdépor».
A súa lenda trascende o fútbol e nos deixa sendo Fillo predilecto de Arteixo e Fillo adoptivo da Coruña, onde ten un busto fronte ó estadio de Riazor; ademáis, o Polideportivo da Torre, leva o seu nome.
Arsenio é ese home do que todo o mundo fala ben, que se gañou o cariño dos seus veciños coa súa sinxeleza e proximidade.
Reiteramos o noso pesar e as nosas máis sinceras condolencias á súa familia e amigos, así como a tódalas persoas que lamentan a súa marcha.
D.E.P.
Comentarios recientes