Onte, luns 7 de abril de 2025, membros da Federación de Asociacións de Veciños da Coruña e Área Metropolitana tivemos a honra de visitar o Coruña Estudo Inmersivo (CEI), xunto a outros representantes de diversas asociacións veciñais da cidade, convidados pola Deputación da Coruña. Esta visita permitiunos coñecer de preto as instalacións deste innovador centro de produción virtual, que se posiciona como o maior plató deste tipo en España.

O CEI, inaugurado recentemente na Cidade das TIC, conta cun plató inmersivo de 750 metros cadrados equipado con tecnoloxía de vangarda en realidade virtual, aumentada e estendida. Estas instalacións permiten a creación de escenarios hiperrealistas, reducindo os custos de produción e consolidando a Galicia como un referente na industria audiovisual internacional.

Durante a visita, destacouse o papel fundamental que o CEI desempeñará na atracción de grandes producións nacionais e internacionais, así como na creación de emprego cualificado na nosa comarca. A xestión do centro está a cargo de Pedralonga Estudios, unha sociedade conformada polo Clúster Audiovisual Galego, empresas do sector e a Universidade da Coruña, o que reflicte unha colaboración estratéxica para o desenvolvemento do sector audiovisual na nosa comunidade. ​

Agradecemos á Deputación da Coruña por esta invitación que nos permitiu coñecer de primeira man unha infraestrutura que sen dúbida contribuirá ao desenvolvemento económico e cultural da nosa cidade e área metropolitana.