Esta mañá recibimos a visita da deputada de Medio Rural da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, quen se achegou para coñecer de primeira man a actividade que desenvolve a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana.
Agradecemos sinceramente esta xuntanza, que contribúe a consolidar e reforzar a colaboración entre a nosa entidade e a Deputación da Coruña, nun clima de diálogo e cooperación que consideramos fundamental para seguir avanzando nos nosos obxectivos comúns.



Comentarios recientes