Dende a Federación de Asociacións Veciñais da Coruña e Área Metropolitana queremos pronunciarnos sobre a recente presenza de xabarís na cidade e arredores.

Solicitamos a quen teña competencias para resolver isto que actúe canto antes, e se tomen as medidas oportunas para acabar co problema, non só polo grave risco que pode supoñer para a cidadanía, senón tamén polo perigo que corren os propios xabarís ó transitar pola urbe, e por tódalas consecuencias que isto conleva, coma son:

  • Perigos derivados de enfermidades transmisibles ás persoase aos animais de compañía que pode levar o xabaril
  • Posibles ataques tanto a mascotas como a persoas
  • Danos á agricultura, zonas verdes , infraestruturas e mobiliario urbano
  • Colisión con vehículos
  • Diminución da biodiversidade