Desde o día de hoxe até o próximo venres 3 de decembro teremos aberto o proceso de inscición dos nosos Campamentos de Nadal 2021 “Viquingos: obxectivo Galicia”.
As persoas interesadas en participar tan só teñen que entrar neste formulario, cubrir a información solicitada e seguir os pasos para o pago da cota.
Toda a información está na web de cultura do concello http://www.corunal.gal/cultura, tal e como se indica no cartel e folleto adxuntos.
Para resolver calquera dúbida ou requerimento de información adicional, poden poñerse en contacto connosco a través do teléfono de información municipal 010.
Comentarios recentes