Dende o Centro de Información ás Mulleres da Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, achegáronnos información sobre as próximas actividades da ESCOLA DE BENESTAR E APODERAMENTO DO CONCELLO DA CORUÑA

O próximo martes, 28 de febreiro, iníciase o taller INTERNET, APLICACIÓNS WEB E REDES SOCIAIS, destinado a mulleres a partir de 60 anos. 

O obxectivo deste taller é formar no uso da internet, as redes sociais e aplicacións web de maneira segura e independente, poñendo en valor os beneficios que internet pode traer. Ao rematar, as participantes saberán buscar información, crear contas nas redes sociais, facer videochamadas e empregar aplicacións que permitan estar máis conectadas. 

O taller terá lugar do 28 de febreiro ao 28 de marzo das 11:00 as 13:00h no Centro Cívico de Eirís-Aula CeMIT. 

Celebrarase nas seguintes datas:

 • 1ª sesión: martes, 28 de febreiro 

• 2ª sesión: martes, 7 de marzo 

• 3ª sesión: martes, 14 de marzo 

• 4ª sesión: martes, 21 de marzo 

• 5ª sesión: martes, 28 de marzo 

Se tes interese en participar, ou coñeces a alguén que poida ter interese non dubides en solicitar a túa praza ou facerlle chegar esta información. Podes inscribirte cubrindo os teus datos no seguinte enlace:

https://eu.jotform.com/222482527215352

Para calquera dúbida ou cuestión podedes contactar no correo electrónico escoladeapoderamento@coruna.gal ou ben chamar ao 608 710 978.