Asistimos ao acto de presentación da ilustración conmemorativa do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, na Delegación do Goberno en Galicia o 29 de outubro.
A ilustración é unha obra orixinal de Bea Lema, artista natural da Coruña que recibiu o Premio Nacional de Cómic en 2024 pola súa obra El Cuerpo de Cristo, na que fai un retrato con gran sensibilidade da relación dunha nai coa súa filla nunha sociedade patriarcal e co trasfondo da saúde mental. Bea Lema é coñecida pola súa participación en talleres comunitarios contra a violencia de xénero, nos que dá visibilidade ás vítimas e nos que promove a igualdade.
A reprodución en gran formato deste deseño conmemorativo, que permanecerá exposta na fachada da Delegación do Goberno durante o mes de novembro.

Comentarios recentes